Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Miño convoca novamente a adxudicación para a instalación de quioscos ou postos de comida na praia


O prazo para presentar a documentación acaba este mércores, 3 de xuño, ás 14:00 horas da tarde.
O Concello de Miño convoca novamente a adxudicación para a instalación de quioscos, postos de comida, food- trucks e escola de pádel-surf para a tempada estival. Realizarase mediante licitación pública, de acordo coa Resolución do Concelleiro Delegado da área de Obras, Agustín Sanz.
As persoas interesadas deberán presentar no Rexistro de Entrada presencial do Concello a solicitude ao posto correspondente, xunto con copia do DNI ou CIF, a oferta económica e o xustificante de ingreso para responder do mantemento da oferta económica.
As bases de licitación, xunto cos impresos de solicitude e o modelo de oferta, estarán expostas no
taboleiro de edictos sito na Casa do concello, así como na sede electrónica municipal. Cabe destacar que
esta é a segunda, debido a que quedaran algúns postos sen adxudicar na primeira.
Desde o Concello, apostan por ‘unha ampla participación nun proceso que, aínda que cun futuro algo
incerto, vai servir para reactivar a economía no noso municipio’, achegan.